17 mar 2011

Avisos varios

Xa estamos lendo novas lecturas: Usha, para o grupo de 1º a 3º de ESO; Una habitación en Babel, para o grupo de 4º ESO e Bacharelato, e Inés y la alegría, para a sección de adultos.
Imos comentalos todos antes das vacacións de Semana Santa: en concreto, Usha, o luns 11 de abril, Una habitación en Babel o venres 15 de abril, e Inés y la alegría o xoves 14.
A principios de maio celebraremos o día do libro, con distintas actividades no centro, entre elas terá lugar un mercado de libros de segunda man. Ide revisando os que  tedes na casa!
Tamén vos anticipamos que o día 2 de maio haberá unha saída dos membros habituais do Club de Lectura, na que participarán tamén lectores e lectoras doutros dous clubs de lectura: o de Guntín e o de Allariz. Vaia festa de letras imos ter!

Por certo, a semana pasada houbo unha reunión para comentar Barro de Medellín, e a anterior, xusto antes do Antroido, O único que queda é o amor (neste caso os rapaces maiores).

23 feb 2011

Aquí podedes ver a sección de adultos, na xuntanza de onte, na que se comentou O único que queda é o amor, e se determinou que a seguinte obra de lectura para este grupo será Inés y la alegría, de Almudena Grandes. Os que teñades exemplares deste libro, achegádeos ó centro para prestarllos a outros lectores.

9 feb 2011

Un feixe de cousas

Estes días están tendo lugar no centro varias actividades para conmemorar o Día da Paz; hoxe, en concreto fíxose un recital de poemas elixidos por dita temática, e, ademais de participal nel profesores e alumnado, viñeron a acompañarnos varios poetas do Círculo Poético desta cidade.
Mañá terá lugar, despois do segundo recreo, a lectura teatralizada da obra "Pic-nic", no Salón de Actos. Non vola perdades!
Onte, por certo, tivo lugar a sesión de lectura en inglés, na que comentamos o relato "Penance" do libro proposto nesta lingua, e varios membros do profesorado comprometémonos a ler algún máis nos próximos días.
Aínda estades a tempo de entregar as vosas propostas para o concurso de logotipo e título deste Club de Lectura; lembrade que o prazo de entrega remata o día 3 de marzo.
Tamén podedes achegarvos ata a aula nº 7, lugar de reunión habitual o próximo venres, no segundo recreo, que imos rematar o taller de versos acrósticos para colocalos nun mural no taboleiro grande da entrada.

31 ene 2011

Reading in English

O vindeiro martes día 8, a sección de adultos reunímonos no 2º recreo, para comentar a historia Wicked and Humorous Tales, que podedes recoller onde é habitual. Para os que pensen que o seu inglés non é tan bon como para ler unha historia completa, hai á vosa disposición unha tradución feita pola persoa que vai dirixir esta xuntanza, na que nos aproximaremos a outra lingua (Cristina Zas). Estades tod@s convidad@s .

O alumnado que queira tamén pode asistir, é unha reunión libre. Os libros hai que pedirllos ás coordinadoras ou á propia Cristina.
Recordámosvos que o próximo venres seguiremos co taller de acrónimos, na aula 7, no segundo recreo. Non esquezades vir.

21 ene 2011

Hoxe venres 21 repartiremos  a lectura dos máis novos, Barro de Medellín de Alfredo Gómez Cerdá (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009). Podedes visitar a súa páxina persoal www.almezzer.com, onde recolle palabras tan suxestivas como estas: 
 "Todo cabe en la literatura infantil y juvenil, y todo cabe de mil maneras distintas. Del derecho y del revés, desde fuera y desde dentro, con lógica o sin sentido, con risa o con llanto, con los ojos abiertos o con los ojos cerrados… Un escritor puede expresar todo lo que lleva dentro aunque escriba para niños y jóvenes. Sueños, frustraciones, alegrías, pesadillas. Todo."

20 ene 2011

A obra para os maiores é O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

18 ene 2011

Xuntanza profesorado

O Club de Lectura, na sección de adultos, reúnese hoxe no 2º recreo, na Sala de Profesores, para  tratar varios temas de interese xeral.
A próxima lectura para os máis novos é Barro de Medellín, de Gómez Cerdá. En canto estén os exemplares no centro, xa vos avisaremos para que pasedes a recollelos. De calquera xeito, o próximo venres, 21, haberá de novo unha xuntanza na aula 7, onde se celebrará unha actividade taller. Estades todos convidados.