23 jun 2011

Bo proveito!


A despedida é o convite: cereixas para todos.
Non esquezades ler moito durante o verán e contarnos as vosas lecturas á volta.

9 jun 2011

Muito obrigado

As verbas de autores portugueses estiveron hoxe entre nós, nas voces do alumnado de orixe lusa e brasileira. Foi un placer escoitarvos.

6 jun 2011

Sesión en portugués

O vindeiro xoves, día 9, alumnas e alumnos lusófonos lerán uns poemas na súa lingua. A actividade terá lugar na sala de xuntas, no segundo recreo.
A xuntanza para comentar El baile será o xoves 16.