25 may 2011

Últimas novas

Os maiores temos pendente unha sesión para comentar un breve texto en portugués e imos ler El baile, de Irène Nemirovski. Os rapaces tedes que ir rematando Os lobos de Moeche, e ilos devolvendo.

Proximamente farase a entrega dos premios do concurso de logos (podedes ver o gañador nesta imaxe), e xa case están no prelo os marcapáxinas onde o estrenaremos.
Tamén está pendente facer un convinte para o alumnado, porque o mercado de libros foi un éxito. Estade atentos ás datas de todos estos eventos.

9 may 2011

Mercado de libros

Estades listos? Os libros xa están expostos, podedes pasar a velos mañá para ir elixindo. O mércores empeza o mercado, no segundo recreo, no mostrador que hai a carón da centraliña.
Tamén podedes atopar nalgúns taboleiros e polos corredores do centro anuncios de libros que recomendaron algúns dos vosos compañeiros, ou dos nosos visitantes lectores de Guntín, como podedes ver nesta imaxe.