20 dic 2012

De VACACIÓNS coa MALETA DO LECER!!!


Varias maletas sairon cara os fogares dos nosos rapaces. Ían repletas de historias singulares: dúas novelas (unha en castelán e outra en galego), tres "curtos" e unha película (ou dúas, dependendo).

Xuntos co cine e coa literatura

Rematamos o trimestre falando dos libros que lemos e vendo as películas correspondentes. Iniciamos unha andaina que de seguro nos levará a unha meta ben doada.
Gustaron moito as dúas películas ("El Señor Ibrahim y las flores del Corán" e "Mis tardes con Margueritte"). Dous filmes, de andadura tranquila, cos que puidemos pensar sobre o valor da amizade, a diversidade cultural, a sabedoría dos maiores, o poder dos libros e as relacións humanas en xeral.
Queremos repetir esta historia.
 






Compartindo experiencias: A ESO e Bacharelato. Nun e noutro lado gustaron por igual as dúas historias.

















O Entusiasmo deste momento de lecer contaxiábase de butaca en butaca.

 
 

18 dic 2012

Feliz nadal. Alumnos embaixadores de libros

Os alumnos de 1º da ESO felicítannos o Nadal cun vídeo no que fan publicidade dos libros que máis lle gustaron ata o de agora. Grazas polo  ese traballo tan ben feito.Gustan moito os vosos comentarios.

Feliz Nadal con novos libros favoritos





Os alumnos de 2ª da ESO agasállannos cunha vitrina chea de libros fermosísimos. Os seus libros favoritos. Pasade e mirade..Igualmente, a profesora Mª Luisa Acevedo prestounos unhas auténticas xoias antigas de cando seus fillos eran nenos: novelas ilustradas.

10 dic 2012

O cine e a literatura

O día 19 de decembro, no salón de actos do Instituto, a partir das 10.30 proxectaremos as dúas películas correspondentes aos libros deste trimestre:
*"Mis tardes con Margarita": film de Jean Becker do ano 2010. A amizade e os libros son os grandes protagonistas desta historia.
*"Monsieur Ibrahim". Adaptación da novela "El señor Ibrahim y las flores del Corán" dirixida por Francois Dupeyron no ano 2003.
 *"Dans la maison",  basada na historia de "El chico de la última fila de Juan Mayorga, deixámola para o segundo trimestre.








Esperamos que disfrutedes do cine e da literatura!

A aventura de ler en grupo: "El chico de la última fila"



A maxia do teatro: 
Ánxeles Cuña Bóveda prepara a un grupo de alumnos do Club de Lectura
para unha lectura colectiva da obra de Juan Mayorga: "El chico de la última fila". 

A maxia do cine:
Francois Ozon adaptouna ao cine ("Dans la maison ").  Película  ganadora da Concha de Oro  á mellor película e Premio do Xurado ao mellor guióndo Festival de San Sebastián) .

Lectura e cine. No segundo Trimestre: a maxia de sempre.