31 ene 2011

Reading in English

O vindeiro martes día 8, a sección de adultos reunímonos no 2º recreo, para comentar a historia Wicked and Humorous Tales, que podedes recoller onde é habitual. Para os que pensen que o seu inglés non é tan bon como para ler unha historia completa, hai á vosa disposición unha tradución feita pola persoa que vai dirixir esta xuntanza, na que nos aproximaremos a outra lingua (Cristina Zas). Estades tod@s convidad@s .

O alumnado que queira tamén pode asistir, é unha reunión libre. Os libros hai que pedirllos ás coordinadoras ou á propia Cristina.
Recordámosvos que o próximo venres seguiremos co taller de acrónimos, na aula 7, no segundo recreo. Non esquezades vir.

21 ene 2011

Hoxe venres 21 repartiremos  a lectura dos máis novos, Barro de Medellín de Alfredo Gómez Cerdá (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009). Podedes visitar a súa páxina persoal www.almezzer.com, onde recolle palabras tan suxestivas como estas: 
 "Todo cabe en la literatura infantil y juvenil, y todo cabe de mil maneras distintas. Del derecho y del revés, desde fuera y desde dentro, con lógica o sin sentido, con risa o con llanto, con los ojos abiertos o con los ojos cerrados… Un escritor puede expresar todo lo que lleva dentro aunque escriba para niños y jóvenes. Sueños, frustraciones, alegrías, pesadillas. Todo."

20 ene 2011

A obra para os maiores é O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

18 ene 2011

Xuntanza profesorado

O Club de Lectura, na sección de adultos, reúnese hoxe no 2º recreo, na Sala de Profesores, para  tratar varios temas de interese xeral.
A próxima lectura para os máis novos é Barro de Medellín, de Gómez Cerdá. En canto estén os exemplares no centro, xa vos avisaremos para que pasedes a recollelos. De calquera xeito, o próximo venres, 21, haberá de novo unha xuntanza na aula 7, onde se celebrará unha actividade taller. Estades todos convidados.

10 ene 2011

Xa estamos de novo aquí! Preparádevos, que o venres xa comenzamos cunha nova xuntanza para determinar as seguintes lecturas.
É urxente que os que aínda non devolvestes os primeiros libros, llos entreguedes ás coordinadoras, ou a algún profesor de lingua.
Dende aquí, agradecemos a colaboración do Club de Lectura Guntín, que nos deixou os exemplares das primeiras lecturas para os rapaces. Este vai ser o principio de unha gran amizade!
Tamén hai que darlles ás grazas ós responsables da Biblioteca de Redondela , que nos prestou Maus.