31 oct 2012

Así nos presentamos este ano


Despois de manter a toda a comunidade educativa intrigada, o mércores 10 de outubro os alumnos do bacharelato artístico do club de lectura fixeron unha posta en escena para inaugurar as actividades deste ano.

  


E a súa creatividade non se detivo. Velaquí os graffitis que se crearon para o noso club.


23 oct 2012

BENVIDOS AO CLUB DE LECTURA 2012-2013




Benvidos ao terceiro ano do club de lectura da Universidade Laboral.
Invitámosvos a toda a comunidade educativa a mergullarvos no pracer da lectura e a participar nas diversas actividades que imos realizar ao longo do curso.