27 ene 2012

REUNIÓN DOS PROFESORES DO CLUB DE LECTURA

Algúns dos profesores do club de lectura reunímonos esta semana para comentar "La cena", que foi o libro que leron os alumnos de Bacharelato do club no primeiro trimestre.
Foi unha reunión tan amena e entretida que se fixo curta.
Estamos desexando facer a seguinte!

24 ene 2012

NEREA BLANCO, EMBAIXADORA DO LIBRO "EL PALACIO DE LA MEDIANOCHE"

A verdade é que conmoveume moito esta obra de Ruiz Zafón. A intriga que segrega crea dependencia e nerviosismo; ás veces tanto que un desexa que o autor deixe de describir a situación para saber que é o que ocorre de seguido. Outra das grandes virtudes deste escritor que apreciei nesta obra é precisamente a cantidade de detalles cos que dota cada ambiente, de tal xeito que fai que imaxinemos todo dunha maneira tan doada que parece que estemos vendo un film.
Sen dúbida, recomendaríao a quen estea namorado do misterio que pode crear calquer historia do pasado. É moi interesante comprobar como a vida pon a cada persoa no lugar onde lle corresponde, xunto cos seus seres queridos, a pasar de todo o que sucedeu na historia da súa familia.