20 feb. 2014

Cambiamos de domicilio

Ahora estamos na páxina do Instituto IES Universidade Laboral de Ourense. Xa levamos tempo instalados alí. Se queres seguirnos consulta a entrada do Club de Lectura. Estaremos encantados de sentirte cerca de nós.Dende outubro fixemos moitas cousas. Lemos libros que falaban da violencia da guerra. Celebramos o Día en contra da Violencia de Xénero cun recital de poesías de amor. No Nadal deleitámonos coas películas "El pianista " e "El diario de Ana Frank. O Día da Paz invadimos a entrada do Centro con pombas e poesías, mentras, no salón de actos, unha periodista e unha cooperante de Médicos sen Fronteiras faláronnos do Sahara e da ablación xenital feminina. En San Valentín, con música en directo, lemos e regalamos poemas de amor. 
Esperámoste. Ven e mira.

14 oct. 2013

Instalados na barbarie

A primeira performance que fixemos para
 presentar ao Club chmábase "Instalados na lectura". Hoxe, 10 de outubro, unha semán máis tarde, a tenda de campaña apareceu chea de cruces vermellas e carteis que dicían: "Instalados na barabarie". "Imos ler libros que falan da barbarie dos dictadores". "Imos ler libros que falan da barbarie do nazismo". "Imos ler libros que falan da barbarie das guerras". "Imos ler libros que falan da barbarie das persecucións". "Imos ler libros que falan da barbarie da mente humana"... E sobre os corpos caídos apareceron os libros que se recomendan para o primeiro trimestre. Tres deles son obrigatorios: "Rebelión en la granja", "El diario de Ana Frank" y "El pianista del gueto de Varsovia". No mes de novembro faremos as xuntanzas para "paliquear" sobre o lido e, en decembro veremos as tres películas. Ánimo. Grazas, 1º Bacharelato B por deleitarnos coa performance.




























4 oct. 2013

Algo vai pasar.

A semana do sete de outubro, o campamento cambiará de aspecto. E vaia que sí! Chega con dicir que se encargarán diso os alumnos de 2º Bach. de Arte. Veremos...

Chegou o día. Empezamos.

O campamento estaba solitario. Os libros durmían nun recanto. As lampadiñas aínda non se encenderan. O Club esperaba. Pronto chegaron eles coa súa xuventude incitando á lectura: "enróllate con quien quieras y como quieras, pero lleva siempre un libro. Vivirás dos veces".
e falaron en cinco linguas: castelá, galego, inglés, portugués e francés. Hai que ver! Grazas, rapaces: Felipe, Uxía , Raquel, Rubén, Héctor, Iria... A vosa performance abriunos os ollos. Definitivamente imos ler a esgalla. Grazas.