9 feb 2011

Un feixe de cousas

Estes días están tendo lugar no centro varias actividades para conmemorar o Día da Paz; hoxe, en concreto fíxose un recital de poemas elixidos por dita temática, e, ademais de participal nel profesores e alumnado, viñeron a acompañarnos varios poetas do Círculo Poético desta cidade.
Mañá terá lugar, despois do segundo recreo, a lectura teatralizada da obra "Pic-nic", no Salón de Actos. Non vola perdades!
Onte, por certo, tivo lugar a sesión de lectura en inglés, na que comentamos o relato "Penance" do libro proposto nesta lingua, e varios membros do profesorado comprometémonos a ler algún máis nos próximos días.
Aínda estades a tempo de entregar as vosas propostas para o concurso de logotipo e título deste Club de Lectura; lembrade que o prazo de entrega remata o día 3 de marzo.
Tamén podedes achegarvos ata a aula nº 7, lugar de reunión habitual o próximo venres, no segundo recreo, que imos rematar o taller de versos acrósticos para colocalos nun mural no taboleiro grande da entrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario