29 may 2012

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Tedes un expositor na entrada do centro cunha selección de libros que podedes pedir para levar este verán. Pensade que hai moitos máis libros interesantes na biblioteca do centro e que podedes levalos para amenizar as vosas vacacións. Esperamos as vosas solicitudes!!!

15 may 2012

MAIO: MES DA FILOSOFÍA NO CLUB DE LECTURA

O mes de maio, xa rematando o curso, é un mes que invita a reflexionar e por eso estará adicado o Departamento de Filosofía. No expositor da entrada tendes unha serie de libros seleccionados que vos serán de moita utilidade na vida. Esperamos que vos gusten.

4 may 2012

MARÍA, EMBAIXADORA DE "LA HIJA DE LA NOCHE"

Este libro me gustó principalmente porque no quieres dejar de leerlo. Acabas un capítulo y, como tienes la intriga del siguiente, te enganchas poco a poco. María González (1º ESO A)

2 may 2012

VIAXE CULTURAL A SALAMANCA DO CLUB DE LECTURA

Os alumnos do club de lectura realizaron o pasado venres 27 de abril unha viaxe cultural a Salamanca acompañados de tres profesores: Ángeles, Alfredo e Sandra. Na viaxe fíxose un percorrido cultural pola cidade visitando a Praza Maior, a Casa das Conchas, a Ponte Romana, a Universidade, a Catedral Nova e a Horta de Melibea. En cada un dos rincóns visitados Ángeles fixo lectura de fragmentos representativos de diferentes obras coma o Lazarillo ou A Celestina. A pesares da choiva, foi unha viaxe inesquencible que alumnos e profesores están desexando repetir.

1 may 2012

RECITAL DE POESÍA

O pasado xoves 26 de abril tivo lugar outra das actividades organizadas polo Club de Lectura para celebrar o día do libro: un recital de poesía. O evento consistiu nunha montaxe audiovisual realizada por alumnos de Bacharelato, que combinaba temas de autores como Camarón, José Mercé ou Leonard Cohen co recitado de poemas de Lorca.

25 abr 2012

REUNIÓN 1º CICLO CLUB DE LECTURA 2º TRIMESTRE

Hoxe no recreo tivo lugar a reunión dos alumnos de 1º ciclo do Club de Lectura para comentar a obra que leron no 2º trimestre: Palabras de caramelo.

24 abr 2012

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO

Moitas gracias a todos pola vosa participación na exposición do día do libro cos vosos libros favoritos!!!! Foi todo un éxito que se viu recompensado coa entrega de poemas e bombóns a tódolos participantes. Esperamos que todos tomarades boa nota dos libros que vos propuxeron os vosos compañeiros, alumnos e profesores, para ler no verán. Temos que felicitar unha vez máis a Ánxeles pola súa creatividade e bo traballo e agradecer os alumnos de 4ºA a súa axuda na organización do evento. Gracias a todos!!!!!