2 may 2012

VIAXE CULTURAL A SALAMANCA DO CLUB DE LECTURA

Os alumnos do club de lectura realizaron o pasado venres 27 de abril unha viaxe cultural a Salamanca acompañados de tres profesores: Ángeles, Alfredo e Sandra. Na viaxe fíxose un percorrido cultural pola cidade visitando a Praza Maior, a Casa das Conchas, a Ponte Romana, a Universidade, a Catedral Nova e a Horta de Melibea. En cada un dos rincóns visitados Ángeles fixo lectura de fragmentos representativos de diferentes obras coma o Lazarillo ou A Celestina. A pesares da choiva, foi unha viaxe inesquencible que alumnos e profesores están desexando repetir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario