14 ene 2013

Libros para o segundo trimestre

Antes das vacacións, durante un tempiño, houbo unha urna na entrada do Instituto para que depositarades alí o título do libro que queriades ler. Ese era o tratro, que cadaquén elixira os seus libros. Pois ben este é o resultado:

ALUMNOS:
"Amanecer". Stephenie Meyer
"El niño con el pijama de rayas". John Boyne
"Cometas en el cielo". Khaled Hosseini.

PROFESORES:
"Misión Olvido". María Dueñas.
"Soldados de Salamina". Javier Cercas
"Liquidación final". Petros Márkaris.
"Palmeras en la nieve". Luz Gabás.


Empezamos a aventura. Le as novelas que queiras, mellor tres que dúas, e mellor dúas que unha. Lembrade que son recomendacións dos compañeiros. Ánimo, rapaces. Ao final do trimestre espéranvos tres fermosas películas basadas nas  obras que escollestes.

Profes, vos  só tendes unha película: "Soldados de Salamina" (coñecida xa por moitos).
"Liquidación final" é un bo retrato da crise actual.
María Dueñas con esta novela ten os seus amigos e inimigos.
"Palmeras en la nieve": amor, odio, amizade. Relato colonial. A historia dunha emigración particular. 






A ler!

No hay comentarios:

Publicar un comentario