7 nov 2012

Primeiras lecturas

Cun pouco de atraso presentámosvos as lecturas do primeiro trimestre que se foron repartindo nas últimas semanas.



El señor Ibrahim y las flores del Corán
Eric Emmanuele Schmitt

Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade.



Tardes con Margueritte
Marie Sabine Roger

A amizade e os libros son os grandes protagonistas desta historia. Germain é un home que nunca leu un libro. Aos seus 45 anos vive nunha tenda de campaña no xardín da casa familiar. Pero o encontro cunha anciá no parque cambia a súa vida.




El chico de la última fila 
Juan Mayorga 

"Escribín unha obra sobre mestres e discípulos; sobre pais e fillos; sobre persoas que xa viron demasiado e persoas que están a aprender a mirar. Unha obra sobre os que elixen a última fila: aquela dende a que se ven todas as demais".


No hay comentarios:

Publicar un comentario