10 mar 2012

ADICAMOS O MES DE MARZO Ó DEPARTAMENTO DE DEBUXO

Comezamos o mes de marzo cambiando o expositor do Club de Lectura. Coa chegada do bo tempo temos ganas de colorido así que este mes estará adicado ó Departamento de Debuxo.
No expositor da entrada tedes unha selección de libros que van dende a pintura clásica ó deseño gráfico, pasando por comics, libros que nos ensinan a crear títeres e bonecos para os máis cativos e moitas outras cousas que ós alumnos dun centro tan creativo coma este seguro que lles resultan moi interesantes.
Podedes pedir os libros na biblioteca ou ós encargados do club: Adolfo, Ánxeles ou Sandra.







No hay comentarios:

Publicar un comentario