As actividades levadas a cabo no centro para conmemorar o día contra a violencia de xénero tiveron eco no xornal La Región de hoxe, mércores 30 de novembro.
Buscádevos nas fotos!!!!
30 nov 2011
23 nov 2011
CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No IES Laboral queremos aportar o noso gran de area contra a violencia de xénero coa proxeción da película PERSÉPOLIS o xoves 24, de 10.30 a 12.30, no salón de actos do instituto.
Ademáis, na entrada do centro tedes unha exposiciónde de caligramas feitos por varios alumnos e unha recopilación de varios poemas de amor.
O venres, á saída, poderedes coller un poema para regalarllo á muller que queirades como mostra de amor e respeto.

21 nov 2011
BRAIS PÉREZ, ALUMNO EMBAIXADOR DE "PERSÉPOLIS"
O club de lectura inaugura a figura do alumno embaixador coa presentación da obra "Persépolis" por parte do alumno Brais Pérez
Persépolis
Boas, son Brais. Pertenzo ao club de lectura e son o actual embaixador de “Persépolis”, un relato biográfico de Marjane Satrapi, a autora, que narra a historia da absurda represión da muller en Irán dende a revolución de 1979. A súa vez, esta novela gráfica é un documento histórico dun pobo e dunha época. A corrupción política, a persecución e execución dos que pensan diferente, a emigración e as esperanzas rotas despois que o fundamentalismo tomara o poder impregnan cada imaxe do libro. Con todo o tema do velo e a súa simboloxía cae coma unha lousa sobre a muller. Agora que se acerca o día “en contra da violencia de xénero”, é un bo momento para a reflexión. Convídovos a ler o libro ou ver o film desta fermosa historia.

4 nov 2011
NOVEMBRO É O MES DA EDUCACIÓN FÍSICA NO CLUB DE LECTURA
Como xa sabedes o club vai adicar cada mes a un dos diferentes departamentos do instituto.
Este mes de novembro tócalle ó departamento de Educación Física.
Tedes á vosa disposición na entrada do centro unha vitrina con diferentes libros sobre a materia que vos poden resultar moi útiles para mantervos en forma e para aprender cousas sobre os vosos deportes favoritos.
Si vos gusta algún dos libros non tedes máis que pedilo na biblioteca!
Estade atentos á vitrina porque iremos engadindo cousas novas!!!!!!!
Esperamos que vos gusten!

26 oct 2011
O CLUB DE LECTURA NA REGIÓN
O acto de inauguración do club de lectura aparece hoxe no suplemento "Xornal escolar" do xornal La Región!
A páxina está exposta na vitrina da entrada para que podades ver todos o guapos que saídes!

15 oct 2011
O CLUB DE LECTURA QUEDA INAUGURADO!
Moitas gracias a tod@s os que nos acompañastes o venres na inauguración do club de lectura!!!!
Esperamos que o entusiasmo se manteña ó longo do curso.
Querémoslle dar as gracias en especial ós nosos artistas grafiteiros polo seu labor!!!
Aquí pomos unhas fotos para que vexades o guap@s que estabades tod@s!!!!

9 oct 2011
INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA O VENRES DÍA 14 NO SEGUNDO RECREO
O venres día 14 producirase na entrada do instituto, ó lado da conserxería, o acto de inauguración do club de lectura 2011-2012!
Estades tod@s invitados!!!!!
E para abrir boca imos presentamos os libros escollidos para o primeiro trimestre:
1º ciclo da ESO: Querido hijo, estás despedido de Jordi Sierra i Fabra
2º ciclo da ESO: No es un crimen enamorarse de José María Plaza
BAC: La cena de Herman Koch
Non faltedes!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)