16 feb 2012

ANÍBAL, EMBAIXADOR DO LIBRO "LA BÚSQUEDA"


La búsqueda.
Eric Heuvel- Ruud Van der Rol- Lies Shippers.

Sinceramente, me ha gustado este libro porque es una historia muy bonita, sencilla y con diálogos graciosos y divertidos. Trata de la terrible realidad del nazismo y sus consecuencias. Un título muy ilustrativo para un argumento de intriga con un final que conmueve.
Es fácil de leer. Es un cómic muy ágil, con unos dibujos y colores francamente bonitos. Os lo recomiendo.
Yo me identifico con el personaje de Bob. Léelo tú también a ver qué te parece.
Soy Aníbal de 2º de la ESO. Alumno embajador.

14 feb 2012

SAN VALENTÍN NO CLUB DE LECTURA

O Club de Lectura da Laboral celebrou hoxe o San Valentín con poemas de amor para todos feitos polos alumnos do centro.
No primeiro recreo os poemas estiveron expostos ó público e no segundo cada persoa podía coller un para levar para a súa casa.
Temos que agradecer a tódolos alumnos a súa participación elaborando os poemas.
MOITAS GRACIAS A TOD@S!!!!!






8 feb 2012

REUNIÓN DOS ALUMNOS DE SEGUNDO CICLO DO CLUB DE LECTURA

O pasado xoves 2 de febreiro reuníronse os alumnos de 2º ciclo do club de lectura para comentar a obra que leron no primeiro trimestre!
Foi unha reunión moi entretida onde houbo moitas risas e onde todos puideron comentar as súas impresións sobre a obra.



3 feb 2012

ADICAMOS O MES DE FEBREIRO Ó DEPARTAMENTO DE GALEGO!!!

O mes de febreiro está adicado ó Departamento de Galego.
Tedes no expositor da entrada moitos libros interesantes que podedes sacar para ler.
Esperamos que vos gusten!!!!!!






27 ene 2012

REUNIÓN DOS PROFESORES DO CLUB DE LECTURA

Algúns dos profesores do club de lectura reunímonos esta semana para comentar "La cena", que foi o libro que leron os alumnos de Bacharelato do club no primeiro trimestre.
Foi unha reunión tan amena e entretida que se fixo curta.
Estamos desexando facer a seguinte!

24 ene 2012

NEREA BLANCO, EMBAIXADORA DO LIBRO "EL PALACIO DE LA MEDIANOCHE"

A verdade é que conmoveume moito esta obra de Ruiz Zafón. A intriga que segrega crea dependencia e nerviosismo; ás veces tanto que un desexa que o autor deixe de describir a situación para saber que é o que ocorre de seguido. Outra das grandes virtudes deste escritor que apreciei nesta obra é precisamente a cantidade de detalles cos que dota cada ambiente, de tal xeito que fai que imaxinemos todo dunha maneira tan doada que parece que estemos vendo un film.
Sen dúbida, recomendaríao a quen estea namorado do misterio que pode crear calquer historia do pasado. É moi interesante comprobar como a vida pon a cada persoa no lugar onde lle corresponde, xunto cos seus seres queridos, a pasar de todo o que sucedeu na historia da súa familia.