Moitas gracias a tod@s os que nos acompañastes o venres na inauguración do club de lectura!!!!
Esperamos que o entusiasmo se manteña ó longo do curso.
Querémoslle dar as gracias en especial ós nosos artistas grafiteiros polo seu labor!!!
Aquí pomos unhas fotos para que vexades o guap@s que estabades tod@s!!!!
15 oct 2011
9 oct 2011
INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA O VENRES DÍA 14 NO SEGUNDO RECREO
O venres día 14 producirase na entrada do instituto, ó lado da conserxería, o acto de inauguración do club de lectura 2011-2012!
Estades tod@s invitados!!!!!
E para abrir boca imos presentamos os libros escollidos para o primeiro trimestre:
1º ciclo da ESO: Querido hijo, estás despedido de Jordi Sierra i Fabra
2º ciclo da ESO: No es un crimen enamorarse de José María Plaza
BAC: La cena de Herman Koch
Non faltedes!!!!

23 jun 2011
Bo proveito!
A despedida é o convite: cereixas para todos.
Non esquezades ler moito durante o verán e contarnos as vosas lecturas á volta.
9 jun 2011
Muito obrigado
As verbas de autores portugueses estiveron hoxe entre nós, nas voces do alumnado de orixe lusa e brasileira. Foi un placer escoitarvos.
6 jun 2011
Sesión en portugués
O vindeiro xoves, día 9, alumnas e alumnos lusófonos lerán uns poemas na súa lingua. A actividade terá lugar na sala de xuntas, no segundo recreo.
A xuntanza para comentar El baile será o xoves 16.
A xuntanza para comentar El baile será o xoves 16.
25 may 2011
Últimas novas
Os maiores temos pendente unha sesión para comentar un breve texto en portugués e imos ler El baile, de Irène Nemirovski. Os rapaces tedes que ir rematando Os lobos de Moeche, e ilos devolvendo.Proximamente farase a entrega dos premios do concurso de logos (podedes ver o gañador nesta imaxe), e xa case están no prelo os marcapáxinas onde o estrenaremos.
Tamén está pendente facer un convinte para o alumnado, porque o mercado de libros foi un éxito. Estade atentos ás datas de todos estos eventos.
9 may 2011
Mercado de libros
Estades listos? Os libros xa están expostos, podedes pasar a velos mañá para ir elixindo. O mércores empeza o mercado, no segundo recreo, no mostrador que hai a carón da centraliña.
Tamén podedes atopar nalgúns taboleiros e polos corredores do centro anuncios de libros que recomendaron algúns dos vosos compañeiros, ou dos nosos visitantes lectores de Guntín, como podedes ver nesta imaxe.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)