9 oct 2011

INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA O VENRES DÍA 14 NO SEGUNDO RECREO

O venres día 14 producirase na entrada do instituto, ó lado da conserxería, o acto de inauguración do club de lectura 2011-2012!
Estades tod@s invitados!!!!!
E para abrir boca imos presentamos os libros escollidos para o primeiro trimestre:
1º ciclo da ESO: Querido hijo, estás despedido de Jordi Sierra i Fabra

2º ciclo da ESO: No es un crimen enamorarse de José María Plaza

BAC: La cena de Herman Koch


Non faltedes!!!!

23 jun 2011

Bo proveito!


A despedida é o convite: cereixas para todos.
Non esquezades ler moito durante o verán e contarnos as vosas lecturas á volta.

9 jun 2011

Muito obrigado

As verbas de autores portugueses estiveron hoxe entre nós, nas voces do alumnado de orixe lusa e brasileira. Foi un placer escoitarvos.

6 jun 2011

Sesión en portugués

O vindeiro xoves, día 9, alumnas e alumnos lusófonos lerán uns poemas na súa lingua. A actividade terá lugar na sala de xuntas, no segundo recreo.
A xuntanza para comentar El baile será o xoves 16.

25 may 2011

Últimas novas

Os maiores temos pendente unha sesión para comentar un breve texto en portugués e imos ler El baile, de Irène Nemirovski. Os rapaces tedes que ir rematando Os lobos de Moeche, e ilos devolvendo.

Proximamente farase a entrega dos premios do concurso de logos (podedes ver o gañador nesta imaxe), e xa case están no prelo os marcapáxinas onde o estrenaremos.
Tamén está pendente facer un convinte para o alumnado, porque o mercado de libros foi un éxito. Estade atentos ás datas de todos estos eventos.

9 may 2011

Mercado de libros

Estades listos? Os libros xa están expostos, podedes pasar a velos mañá para ir elixindo. O mércores empeza o mercado, no segundo recreo, no mostrador que hai a carón da centraliña.
Tamén podedes atopar nalgúns taboleiros e polos corredores do centro anuncios de libros que recomendaron algúns dos vosos compañeiros, ou dos nosos visitantes lectores de Guntín, como podedes ver nesta imaxe.