Como xa sabedes o club vai adicar cada mes a un dos diferentes departamentos do instituto.
Este mes de novembro tócalle ó departamento de Educación Física.
Tedes á vosa disposición na entrada do centro unha vitrina con diferentes libros sobre a materia que vos poden resultar moi útiles para mantervos en forma e para aprender cousas sobre os vosos deportes favoritos.
Si vos gusta algún dos libros non tedes máis que pedilo na biblioteca!
Estade atentos á vitrina porque iremos engadindo cousas novas!!!!!!!
Esperamos que vos gusten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario