O club de lectura inaugura a figura do alumno embaixador coa presentación da obra "Persépolis" por parte do alumno Brais Pérez
Persépolis
Boas, son Brais. Pertenzo ao club de lectura e son o actual embaixador de “Persépolis”, un relato biográfico de Marjane Satrapi, a autora, que narra a historia da absurda represión da muller en Irán dende a revolución de 1979. A súa vez, esta novela gráfica é un documento histórico dun pobo e dunha época. A corrupción política, a persecución e execución dos que pensan diferente, a emigración e as esperanzas rotas despois que o fundamentalismo tomara o poder impregnan cada imaxe do libro. Con todo o tema do velo e a súa simboloxía cae coma unha lousa sobre a muller. Agora que se acerca o día “en contra da violencia de xénero”, é un bo momento para a reflexión. Convídovos a ler o libro ou ver o film desta fermosa historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario