O martes, no primeiro e segundo recreo, na biblioteca, vanse repartir os primeiros libros para esta xeira: De profundis, para o grupo de maiores, e A mansión dos Pampín, para os máis novos. Nas dúas obras, o autor, Miguelanxo Prado conxuga as imaxes e as palabras para relatar unha historia, aínda que o formato resulta moi diferente nos dous casos.
Este artista ten unha páxina web onde podedes atopar máis información sobre o seu traballo e moitísimas das súas creacións gráficas (http://www.miguelanxoprado.com/). Agora mesmo está poñendo imaxes a un relato de Torrente Ballester, "El cuento de la sirena".
Eu xa mo lin! É precioso, sen dúbida.
ResponderEliminarPor certo, teño un slogan para este club, se sirve de algo, jeje:
'Un bo libro é como unha boa viaxe...
...comézase con inquetude e remátase con melancolía'
Nerea, paréceme estupendo o slogan que do club. Ánimo e a seguir lendo. Rosa Cid
ResponderEliminar