Blogue do Club de Lectura do IES da Universidade Laboral
9 nov 2010
Lectura para o grupo de adultos
Para os maiores deste club de lectura, escolleuse como primeira obra, Maus, unha interesante combinación de imaxes e texto para contar unha historia difícil, que gañou un premio Pulitzer en 1992.
O autor, Art Spiegelman, reproduce nel moitos elementos autobiográficos, pois en realidade novela a vida dos seu pai, un supervivinte de Auschwitz.
Este libro recomendoumo un compañeiro de Historia. Lino de seguida porque, ao ter formato de comic, ten unha lectura rápida. Pero ¡ollo! prestade moita atención ao texto, é duro, pero ademais coméntovos que é real. É a propia historia da familia do escritor. Debedes coñecer a historia para "non repetila".

ResponderEliminar