Rematamos o trimestre falando dos libros que lemos e vendo as películas correspondentes. Iniciamos unha andaina que de seguro nos levará a unha meta ben doada.
Gustaron moito as dúas películas ("El Señor Ibrahim y las flores del Corán" e "Mis tardes con Margueritte"). Dous filmes, de andadura tranquila, cos que puidemos pensar sobre o valor da amizade, a diversidade cultural, a sabedoría dos maiores, o poder dos libros e as relacións humanas en xeral.
Queremos repetir esta historia.
Compartindo experiencias: A ESO e Bacharelato. Nun e noutro lado gustaron por igual as dúas historias.
O Entusiasmo deste momento de lecer contaxiábase de butaca en butaca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario