9 may 2011

Mercado de libros

Estades listos? Os libros xa están expostos, podedes pasar a velos mañá para ir elixindo. O mércores empeza o mercado, no segundo recreo, no mostrador que hai a carón da centraliña.
Tamén podedes atopar nalgúns taboleiros e polos corredores do centro anuncios de libros que recomendaron algúns dos vosos compañeiros, ou dos nosos visitantes lectores de Guntín, como podedes ver nesta imaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario