Xa estamos lendo novas lecturas: Usha, para o grupo de 1º a 3º de ESO; Una habitación en Babel, para o grupo de 4º ESO e Bacharelato, e Inés y la alegría, para a sección de adultos.
Imos comentalos todos antes das vacacións de Semana Santa: en concreto, Usha, o luns 11 de abril, Una habitación en Babel o venres 15 de abril, e Inés y la alegría o xoves 14.
A principios de maio celebraremos o día do libro, con distintas actividades no centro, entre elas terá lugar un mercado de libros de segunda man. Ide revisando os que tedes na casa!
Tamén vos anticipamos que o día 2 de maio haberá unha saída dos membros habituais do Club de Lectura, na que participarán tamén lectores e lectoras doutros dous clubs de lectura: o de Guntín e o de Allariz. Vaia festa de letras imos ter!
Por certo, a semana pasada houbo unha reunión para comentar Barro de Medellín, e a anterior, xusto antes do Antroido, O único que queda é o amor (neste caso os rapaces maiores).
No hay comentarios:
Publicar un comentario