31 ene 2013

Cadeiras de deseño para os nosos libros









A escola Antonio Faílde de Ourense prestounos estas cadeiras de deseño, realizadas polos seus alumnos para que nos sentaramos aí  a "carátula" dos libros que imos ler no segundo trimestre.

Un anticipo con amor











Aquí están as fotos que vos prometeramos a semana pasada. Este é o traballo que estamos a facer para regalarvos o día se San Valentín. Poemas dos grandes poetas decorados por nós e marcapaxinas con versos que nos impresionaron. É unha actividade ben interesante.

24 ene 2013

Un regalo de amor para ti

O alumnos do Club e moitos outros do Instituo,están decorando poemas de amor para regalar o día de San Valentín. Será unha feira de poesías. Comprarás sen pagar nada, só fai falta que leves unha pizca de amor na túa vida. Poremos un posto de venda na entrada do Centro. Anímate e participa.
A vindeira semana colgaremos algunhas fotos. Verás.

...e as adaptacións teatrais chegaron ao noso Club

Como estamos entusiasmados coa iniciativa de facer teatro lido (lembrade, estamos aínda preparando a obra de Juan Mayorga, "El chico de la última fila"), chegou Ánxeles Cuña co seu bo facer e profesionalidade e falonos de "Konrad", unha adaptación que fixo Sarabela-teatro da novela de Cristina Nostlinger "Konrad o el niño que salió de una lata de conservas". Non fixo falta moito tempo para que abrazar a nova idea. 
Os alumnos do Club de 3º da ESO lánzanse por aquí, len a novela e os seus compañeiros de Diversificación preparan o texto teatral para ler no salón de actos o día do libro.








Que vos parece?
Gazas,rapaces, será un pracer escoitarvos
G

14 ene 2013

Libros para o segundo trimestre

Antes das vacacións, durante un tempiño, houbo unha urna na entrada do Instituto para que depositarades alí o título do libro que queriades ler. Ese era o tratro, que cadaquén elixira os seus libros. Pois ben este é o resultado:

ALUMNOS:
"Amanecer". Stephenie Meyer
"El niño con el pijama de rayas". John Boyne
"Cometas en el cielo". Khaled Hosseini.

PROFESORES:
"Misión Olvido". María Dueñas.
"Soldados de Salamina". Javier Cercas
"Liquidación final". Petros Márkaris.
"Palmeras en la nieve". Luz Gabás.


Empezamos a aventura. Le as novelas que queiras, mellor tres que dúas, e mellor dúas que unha. Lembrade que son recomendacións dos compañeiros. Ánimo, rapaces. Ao final do trimestre espéranvos tres fermosas películas basadas nas  obras que escollestes.

Profes, vos  só tendes unha película: "Soldados de Salamina" (coñecida xa por moitos).
"Liquidación final" é un bo retrato da crise actual.
María Dueñas con esta novela ten os seus amigos e inimigos.
"Palmeras en la nieve": amor, odio, amizade. Relato colonial. A historia dunha emigración particular. 






A ler!