25 abr 2012

REUNIÓN 1º CICLO CLUB DE LECTURA 2º TRIMESTRE

Hoxe no recreo tivo lugar a reunión dos alumnos de 1º ciclo do Club de Lectura para comentar a obra que leron no 2º trimestre: Palabras de caramelo.

24 abr 2012

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO

Moitas gracias a todos pola vosa participación na exposición do día do libro cos vosos libros favoritos!!!! Foi todo un éxito que se viu recompensado coa entrega de poemas e bombóns a tódolos participantes. Esperamos que todos tomarades boa nota dos libros que vos propuxeron os vosos compañeiros, alumnos e profesores, para ler no verán. Temos que felicitar unha vez máis a Ánxeles pola súa creatividade e bo traballo e agradecer os alumnos de 4ºA a súa axuda na organización do evento. Gracias a todos!!!!!

19 abr 2012

REUNIÓN DE PROFESORES E REUNIÓN DE ALUMNOS DE SEGUNDO CICLO

Hoxe celebráronse as reunións dos profesores e dos alumnos de segundo ciclo para comentar os libros do pasado trimestre. A semana que ven terá lugar a reunión dos nenos de 1º ciclo.




17 abr 2012

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Xa temos o centro decorado para o vindeiro luns 23 de abril, día do libro.
Lembrade que o 24 faremos a feira de mostras dos libros favoritos de profes a alumnos!!!
Si queredes participar entregádelle o voso libro favorito ós encargados do club cun pequeno comentario sobre o mesmo.
Un saúdo



13 abr 2012

LECTURAS CLUB TERCEIRA AVALIACIÓN

Xa están escollidas as lecturas do club da terceira avaliación!!!!
Ángeles e unhas alumnas moi amables deixáronvos uns paneis na entrada coas portadas. Votádelles un ollo!!!!
Poremos a lista de libros polas clases para os máis despistados... Un saúdo







12 abr 2012

ADICAMOS O MES DE ABRIL Ó DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

O Departamento de Física e Química é o protagonista do mes no Club de Lectura.
No expositor que se atopa na entrada do centro podedes encontrar obras moi interesantes para consultar.
Si queredes levar algún dos libros podedes falar coma sempre con Adolfo, Ángeles ou Sandra.