20 dic 2011

AS MALETAS DO LECER PARTIRON HACIA O SEU DESTINO!!!

Hoxe o Club de Lectura entregou ós alumnos de Primeiro da ESO e de Bacharelato que o solicitaron a maleta do lecer!!
Estas maletas van cheas de momentos de lecer adicados á lectura de libros e tebeos, ó visionado de películas e á escoita de boa música.
Si non pediches unha faino xa porque despois do Nadal volven ó centro para cambiar de mans!!!


REUNIÓN DOS ALUMNOS DE BACHARELATO DO CLUB DE LECTURA

Os alumnos de Bacharelato do club de lectura reuníronse o luns 19 para comentar o libro do trimestre "La cena" cos seus profesores Ángeles e Adolfo.
Foi unha reunión moi divertida na que ata houbo merenda!



16 dic 2011

OS EMBAIXADORES DE LIBROS DESÉXANVOS UN BO NADAL!!!

Este Nadal os embaixadores de libros do Club de Lectura da Laboral deséxanvos unhas Felices Festas dende a entrada do instituto e convídanvos a aproveitar as vacacións para ler un bo libro.
Fixádevos nas súas recomendacións porque son moi interesantes...
BO NADAL A TODOS E TODAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!






8 dic 2011

REUNIÓN DOS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA DO PRIMEIRO CICLO DA ESO

O mércores 7 de decembro no segundo recreo reunímonos os membros do club do primeiro ciclo da ESO para intercambiar impresións sobre o libro do primeiro trimestre: Querido hijo, estás despedido.
A reunión fíxose curta...
Esperamos con ganas a seguinte!

6 dic 2011

DECEMBRO É O MES ADICADO ÁS CIENCIAS DA NATUREZA NO CLUB DE LECTURA

Este mes está adicado ás Ciencias da Natureza!!!
Tedes na vitrina da entrada do centro, moi ben decorada polos membros do departamento de ciencias, uns libros moi interesantes sobre diferentes aspectos desta asignatura.
Xa sabedes que o sistema para coller os libros segue sendo o mesmo: hai que pedilos na biblioteca ou a algún dos profesores encargados do club.
Un saúdo e a disfrutar da natureza!!!!